Experiencia e innovación

Para que poidas recuperar a túa vida persoal e laboral o antes posible

Non masificamos o centro

 

Dedicamos o tempo necesario

Tratamiento individualizado 

Seguimento ata a  recuperación

Bomba Diamagnética

A tecnoloxía que revoluciona a saúde

Un instrumento innovador co que tratamos diferentes lesións e logramos resultados rápidos e eficaces.

Este dispositivo funciona aplicando campos magnéticos de alta intensidade e baixa frecuencia a determinadas partes do corpo, sen necesidade de utilizar correntes eléctricas. Con isto conseguimos activar mecanismos celulares que provocan respostas fisiolóxicas positivas en diversas patoloxías do aparello locomotor e do tecido nervioso. Deste xeito, os tempos de recuperación redúcense considerablemente.

Beneficios
Conseguimos activar mecanismos celulares que provocan respostas fisiolóxicas positivas en varias patoloxías do sistema locomotor e texido nervioso.
Onde se aplica?
Método pionero no tratamento da dor e de distintas patoloxías reumáticas, como artrite, artrose, espondilite… Así mesmo, tamén aplícase para: Lesións en músculos, ligamentos e tendóns. Dano superficial da pel, como feridas ou úlceras. Enfermidades inflamatorias. Problemas no sistema cardiovascular, como varices. Tendinite, escordaduras, contracturas, distensións... Rachaduras ou ósos rotos. Tratamento das hernias discais.
Causa dor?
Non causa dor. Trátase dunha técnica non invasiva.
Pódese aplicar sobre pel con danos?
Pódese aplicar sobre pel con danos sen contacto directo.

Método Bobath

Estudamos o doente dunha forma global

O concepto Bobath trata os transtornos de movemento tendo en conta:
1. Análise do movimento
2. Análise das desviacións do movemento
3. Reaprendizaxe do movemento
4. Valoración do tratamento
Un tratamento 24/7, chamado así porque ó aprendido na clínica deberá levarse a cabo na casa as 24 horas os sete días da semana para que os resultados sexan os esperados.
En qué tipo de lesións se usa?
Lesións neuróloxicas, tanto de nacemento como adquiridas (ictus, parkinsonismos, esclerose…)
Cál é a finalidade?
A finalidade do tratamento é mellorar a calidade de vida dos pacientes, facendoos máis independentes para a realización das actividades da vida diaria. A hixiene personal, os traslados dentro da vivienda ou sair a dar un paseo sen axuda ou coa menor axuda posible. Ademais, ó aportar mais calidade de vida e, sobre todo, mellor movemento ó corpo, reducimos as atrofias (disminución de musculatura por falta de uso), e os problemas asociados á falta de actividade (deformidades, úlceras, problemas respiratorios…).
Que melloras notarás?
Optimización de todas as funcións a través da mellora do control postural e dos movementos selectivos por medio da facilitación de movementos, sempre orientada ás actividades da vida diaria.
Cómo se traballa?
Buscamos a mellora do movemento a través da participación activa do doente. Valórase individualmente o doente para adecuar o tratamento ás necesidades de cada persoa.

Osteopatía

Poñemos especial énfase na estrutura do corpo

A osteopatía é unha disciplina tereapéutica manual empregada principalmente no tratamento de tecidos brandos e correccións articulares.

Empregamos a osteopatía co obxectivo de lograr un achegamento ao diagnóstico e ás disfuncións de mobilidade articular e tisular para así favorecer a autocuración.

Qué é?
É unha especialidade dentro da medicina que incide en que o corpo humano posúe os seus propios procesos para recuperarse ante certas patoloxías, prestando desde esta rama sanitaria maior atención á relación global do corpo e ós métodos manipulativos no seu tratamento.
En qué lesións se emprega?
Empregado principalmente o tratamento de tecidos brandos e as correccións articulares.
Cál é a finalidade?
Busca mellorar a función fisiolóxica normal do corpo e axudar a recuperar a función danada dos sistemas músculo-esquelético, craneal, visceral, estrutural, vascular, miofascial e neural relacionados.
Cómo se traballa?
A través de diferentes estímulos do sistema nervioso facilita reaccións no organismo para a curación do paciente.

Neurodinámica

INN (Integración de Neurodinamia en Neuroloxía)

Técnica non invasiva que busca un bo funcionamento do nervio e, polo tanto, que este dé ordes correctas ó músculo
Cómo se traballa
Realízase cunha serie de “estiramentos” do nervio.
Cál é a finalidade?
Recuperar a lonxitude normal e que non se atope adherido ou pegado á vaina que o recobre.
En qué lesións se emprega?
Está indicado sobre todo en aqueles pacientes neurolóxicos crónicos ou con lesións traumatolóxicas que provocaron unha posición de defensa mantida no tempo.
Cáles son os seus beneficios?
Ademais de mellorar o movemento desa parte do corpo tamén mellora a sensibilidade e diminúe a deformidade postural que a dor estaba obrigando á persona a adoptar.

Punción seca

Elimina os puntos de dor a nivel muscular

Técnica invasiva amparada pola evidencia científica que actúa sen necesidade de infiltrar ningún tipo de sustancia analxéxica.
Cómo se traballa?
Dáse un estímulo ao sistema nervioso logrando así unha diminución da dor local.
En qué lesións se emprega?
Está indicado en procesos musculo-esqueléticos, cefaleas tensionais, bruxismo, recuperación de lesions deportivas, insomnio, tratamento de cicatrices…
Cál é a finalidade?
Disminución da dor local eliminando puntos dolorosos a nivel muscular.
Cáles son os seus beneficios?
A aceleración dos tempos de curación, unha mellora da función muscular e dos arcos de movemento, un traballo dos tecidos máis profundos e sobre todo un mellor abordaxe dos procesos crónicos.